Etiquetas

domingo, 1 de julio de 2018

EXPOSICIÓN "OUTROS UNIVERSOS"



O pasado 16 de xuño, inauguramos a exposición de pintura "Outros Universos" no local ITACA de Xinzo de Limia (Ourense). A exposición consta de quince cadros que fun realizando durante un longo período de tempo. Ademais conta cunha montaxe feita polo meu amigo Xosé Santos, grande defensor da natureza, para conmemorar o 60 aniversario do triste desecamento da Lagoa de Antela… unha das maiores reservas naturais lacustres de Europa.

A exposición permanecerá todo o verán. Para min é un honor expor nun marco tan especial. Durante a fin de semana que estiven na Galiza, puiden compartir moi bos momentos con xente amiga e visitar paraxes realmente máxicas.

Quero dar as grazas a todas as persoas que asistiron á inauguración, e asistirán á exposición. A Zalo, o artífice do proxecto ITACA por ofrecerme o seu espazo, e a súa grande axuda na montaxe. A Xosé Santos  e familia, polo seu apoio, por acollerme amábel e xenerosamente na súa casa de Soutelo de Pena, e pola súa prezada compaña e amizade. A "Amigas das árbores". A Arturo Bermejo por acollerme amábel e xenerosamente na súa casa de O Sixto, e pola súa prezada compaña e amizade. Aos amigos e amigas asistentes. A Alejandro, polo seu apoio. A Ernesto e os seus axudantes de carpintería de Jarandilla de la Vera, pola montaxe dos marcos dos cadros. Aos momentos vividos. E á Nai Terra… unha vez máis, e sempre.




El pasado 16 de junio, inauguramos la exposición de pintura "Outros Universos" en el local ITACA de Xinzo de Limia (Ourense). La exposición consta de quince cuadros que fui realizando durante un largo período de tiempo. Además cuenta con un montaje realizado por mi amigo Xosé Santos, gran defensor de la naturaleza, para conmemorar el 60 aniversario de la triste desecación de la Laguna de Antela… una de las mayores reservas naturales lacustres de Europa.

La exposición permanecerá durante todo el verano. Para mi es un honor exponer en un marco tan especial. Durante el fin de semana que estuve en Galicia, pude compartir buenos momentos con gente amiga y visitar parajes realmente mágicos.

Quiero dar las gracias a todas las personas que asistieron a la inauguración, y asistirán a la exposición. A Zalo, el artífice del proyecto ITACA por ofrecerme su espacio, y por su gran ayuda en el montaje. A Xosé Santos y familia, por el apoyo, por acogerme amable y generosamente en su casa de Soutelo de Pena, y por su apreciada compañía y amistad. A "Amigas das árbores". A Arturo Bermejo por acogerme amable y generosamente en su casa de O Sixto, y por su apreciada compañía y amistad. A los amigos y amigas asistentes. A Alejandro, por su apoyo. A Ernesto y sus ayudantes de carpintería de Jarandilla de la Vera, por el montaje de los marcos de los cuadros… a los momentos vividos. Y a la Madre Tierra… una vez más, y siempre.
Últimos toques, antes de partir, en Casa de la Montaña




Preparando a montaxe do 60 aniversario da desaparición da lagoa de Antela
Preparando el montaje del 60 aniversario de la desaparición de la laguna de Antela
O nacemento de Antela
Universo amamenta seus fillos
A árbore dos ovos dos humanos paxaro
Nure, deus dos humanos paxaro
Camélido portador de ovos de humanos paxaro
Deusa Xir
A dama do Unicornio
Portadoras de estrelas
Irmaos nas estrelas
Arqueiros e astros II
Arqueiros e astros I
Universo e humana
Mulleres e astro
Biodiversidade planetaria
Portadores de estrelas
Baroña... sempre Baroña.
Baroña... siempre Baroña.
Antigas conduccións de auga das ruinas do mosteiro de Trandeiras
Antiguas conducciones de agua de las ruinas del monasterio de Trandeiras
Torre de Pena

Cegoñas no territorio da antiga lagoa de Antela
Cigueñas en el atiguo territorio de la laguna de Antela
Xosé Santos falando da Lagoa de Antela, xunto Arturo
Montaje de los marcos en la carpintería de Ernesto
Montaxe dos marcos na carpintaría de Ernesto
Zalo traballando na montaxe dos cadros
Zalo trabajando en el montaje de los cuadros
 
Un momento
Irremediabelmente, a primeira parada na praia de Baroña
Irremediablemente, la primera parada en la playa de Baroña