O pasado 16 de xuño, inauguramos a exposición de pintura "Outros Universos" no local ITACA de
Xinzo de Limia (Ourense). A exposición consta de quince cadros que fun
realizando durante un longo período de tempo. Ademais conta cunha montaxe feita
polo meu amigo Xosé Santos, grande defensor da natureza, para conmemorar o 60
aniversario do triste desecamento da Lagoa de Antela… unha das maiores reservas
naturais lacustres de Europa.
A exposición permanecerá
todo o verán. Para min é un honor expor
nun marco tan especial. Durante a fin de semana que
estiven na Galiza, puiden compartir moi bos momentos con xente amiga e visitar
paraxes realmente máxicas.
Quero dar as grazas a todas
as persoas que asistiron á inauguración, e asistirán á exposición. A Zalo, o artífice
do proxecto ITACA por ofrecerme o seu espazo, e a súa grande axuda na montaxe.
A Xosé Santos e familia, polo seu apoio,
por acollerme amábel e xenerosamente na súa casa de Soutelo de Pena, e pola súa
prezada compaña e amizade. A "Amigas das árbores". A Arturo Bermejo por
acollerme amábel e xenerosamente na súa casa de O Sixto, e pola súa prezada
compaña e amizade. Aos amigos e amigas asistentes. A Alejandro, polo seu apoio.
A Ernesto e os seus axudantes de carpintería de Jarandilla de la Vera, pola
montaxe dos marcos dos cadros. Aos momentos vividos. E á Nai Terra… unha vez
máis, e sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario